Cando vin o queixo no blogue de Chousa non puiden resistirme, así que me vin metida neste meme do trasteo que comeza no blogue de L&M, onde podedes ver o funcionamento.
Ben, eu, sendo a miña nai peixeira, tiña que poñervos algo do mar, pero vinme coa teima de facelo chegar no mesmo día. Pois ben, déronme a solución, mandalo nunha caixiña de porespán, cunha camiña de xeo, como paquete nun bus.
Así que aí vos vai un lotiño de volandeiras; que como me tocou pasar o nadal limpando nelas, teño enchufe coa peixeira ;) e lévoas muitas veces a casa, tendo sempre gran éxito entre os comensais; ademáis de que admiten muitas posibilidades na cociña,
aínda que máis de un xa estará a pensar na empanada de millo!!
*A foto queda pendente de cambio.
E como na variedade está o gusto, mándolle este meme a Vilagarcía a Edu, a Lugo a Hadex, e por último espero que se apunte Alice, que é experta catadora de mel...
Non é obrigatorio: para entrar no sorteo basta cun comentario na mesma entrada!!
Os sorteos faranse todos o día 28 de febreiro.
No bló de LM vanse colgando todos os productos que participan neste trasteo.


27 convidados:
Pois xa postos, Senda, aí vou eu co número 1 para esas xeitosas volandeiras!!!!
e eu quero todos os demais!!!!! que ideia tam fantástica!!! nem conhecia que se chamavam volandeiras, nem imaginaria nunca como envia-las no mesmo dia e menos imaginei que a alguém se lhe ocorresse um produto do mar. quedei fascinada!!! se me dás licenza incluo-te na lista de fiestras amigas porque decubrir o teu blogue abriu-me a porta a coisas que nom conhecia...
beijos
Eu apúntome ás volandeiras, que non sabía que se chamaban así, pero que inda que de terra adentro son unha especialista en preparalas.
Bicos.
Non coñecía este blog, seguireino tamén.
Eu tamén quero número para esas volandeiras.
E non te preocupes, que axiña che asignarei número na miña bitácora para o sorteo do Pan de Antas co Queixo da Ulloa.
a ideia do meme nom é outra do que dar a conhecer algo proprio da tua zona. como nom há uma grande empresa detrás senom só uma vontade de trastear tu es quem pom as regras no teu blogue para participar. o que nos parecia muito interesante era que o único requerimento para participar do sorteio fose comentar nas entradas que interessem já que há muita gente que pelos motivos xis nom deseja postear um produto. é uma forma de nom competir, de dar a oportunidade de centrar a atenzom nas coisas importantes da nossa zona. de ai tambem que o 28 nem só ganha uma pessoa senom que ganharemos(eu as volandeiras) muitos.
brigada por deixar-nos por-te nas fiestras amigas e por incluir-nos nas tuas
beijos!
ñam! eu coa sorte que teño... XDD.
xa, bueno, pero ti sabíalo en rigurosa exclusiva jaja.
buf que boa pinta teñen! ;)
Bueno, todo sexa por unha boa cea ;)
Miña nai. Como nos vamos poñer con tanta cousa.
Dame número que ata as limpo se fai falla. E si queres marisco de terra adentro visita o meu blog e apuntate.
Saudos
A cousa, de momento, vai así:
Edu 1
LM 2
Mencía 3
Chousa 4
Roxiña 5
Enmeigada 6
Milego 7
Barreira 8
Eu coñecía as volandeiras de nome pero non me desgustaría coñecelas de sabor e máis vindo dunha peixeira de confianza.
Dáme numeriño e a ver se hai sorte.
si, si, a peixeira de toda confianza ;), para pai o 9!!
Tés o número 5 para a botella de viño da Ulla!
:)
¿cal teño eu?
o 10 para Zeltia!! ;)
Dame un número a min tamén, que esas volandeiras deben estar de vicio!!
para a súa cova vai o 11!! ;)
Como todo isto lle toque a un so, como se vai a poñer. Vaime dando un número, a ver se teño sorte.
Unha aperta
eeeeepa!! Vaia pintaza!!! Solicito número (ou que sexa para levar iso comigo).
Unha forte aperta (ofrezo empanada a tutiplé)
Se non che importa, gustaríame que me trouxeses as volandeiras nas túas mans até a minha porta e non mas enviases como se fosen platillos volantes, por aquelo de non asustar aos canarios :-)
Apúntame sen medo...
veño polo meu nº,as vieiras toleanme así que quero o que saia premiado...
Eu quero número tamén, que sei de alguén que as fai de vicio, así que xa teño ata cociñeira contratada!
Apertas
retomo e continúo ;)
Edu 1
LM 2
Mencía 3
Chousa 4
Roxiña 5
Enmeigada 6
Milego 7
Barreira 8
Paideleo 9
Zeltia 10
Raposo 11
Carlos Sousa 12
Manuel L. Rodrigues 13
Paco Penas 14
Vermella 15
Cuspedepita 16
...
Há uma notícia muito importante no meu blogue... :0) e uma surpresa para ti! Vai lá ver, que é boa!
Um abraço,
Alexandra
Non sei que pasou, para min que xa pedira número, a ver se chego a tempo...
ok, píllasme en plena faena, último número para ninsesabe co 17, sorte a todos!!
enton, cara onde voan as volandeiras?
Postar um comentário